Ola a todos e todas!!

Preparados, listos...e xaaaaaaaaa!. Un novo curso empeza, e espero que teñades as pilas ben cargadas porque aínda queda moito por diante; pero... non desesperedes, meus queridos alumnos e alumnas, porque se comenzades cada día cunha pizca de ilusión e un puñadiño de alegría, 250 gr de responsabilidade, 500gr de esforzo a semana, 1 Kg de traballo ao mes, e logo o poñedes todo ao fogo lento da constancia veredes que o curso e máis doado do que nun principio vos parecía. Así que, MOITO ÁNIMO E BENVIDOS DE NOVO!!!!!!!!